xoves, 3 de decembro de 2015

ACTIVIDADE8.



Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE8.Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.(0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.(0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

1.Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.

 Para que un ordenador poida establecer comunicación con outros ordenadores ou dispositivos, deben dispoñer dunha tarxeta ou adaptador de rede (hardware) e, por suposto,teñen instalado o seu controlador (software) no sistema operativo para que se poda empregar.As tarxetas de rede tamén se lles chama NIC (Network Interface Card) posto que ofrecen unha interfaz de rede, cuio conector é distinto dependendo do tipo de cableado; o máis empregado é o conector RJ-45, necesario para o cableado UTP.Tamén existen tarxetas de red inalámbrica que transmiten a información por ondas electromagnéticas e, por tanto, non necesitan conectores nin cables. Estas tarxetas poden levar unha oequena antena patra aumentar a intensidade da sinal e mellorar asi a transferencia.





2.Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.

Os conectores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

Concentrador o hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dipositivo, actuando de ponte, Cando un ordenador envía información, o concentrador reenviaaa todos, para que o destinatario a tome e o resto a refugue.






 

 

 

 

 

 



Conmutador ou switch: Ten caracteristicas similares ao hub, pero con algunhas outras funcións añadidas. Unha de delas é que, ademais de servir de ponte para a conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que ten conectados, polo que non necesita enviar a información a todos eles, senon solo ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos.Outra diferencia é que, ademais dos eequipos, permite interconectar redes do mesmo tipo






 

  

Na actualidade, utilízanse maiormente os swith, que soen ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas, tecnoloxía Wi-Fi para conexiones inalámbricas.

3.Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.

Nunha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de acceso inalámbrico de maneira que, ademáis dos ordenadores conectados polo cable, pódese conectar á rede outros dispositivos de forma inalámbrica.













 

 

 

 

 

  4. Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.

O cableado é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

Cableado coaxial. Está formado por un fio conductor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, ainda que actualmente está en desuso.

Cableado de par trenzado: Está contituido por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuir a interferencia eléctrica e evitar que se acople a sinal entre os pares. Dentro de este cableado distuínguense os seguintes tipos: 

-UTP: É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outros cables.

-STP: É un apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.



-FTP: É un cable apantallado con blindaxe global que posee unha pantalla conductora en forma trenzada. Mellora a protección frente as interferencias con respecto aos anteriores.Existen diversas categorías de cables, dependendo da suá velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5(100 Mbps), categoría 6 (1 Mbps), categoría 7 (10 Mbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.

Cable de fibra óptica: é unha fibra moi fina dun material transparente, vidrio ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á atracción, ademáis de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis empregados na fibra óptica por redes de área local son ST,LC,FC e SC.










Ningún comentario:

Publicar un comentario