Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
- Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
- Google Glass. Busca unha imaxe na rede.
- Smart Watch. Busca unha imaxe na rede.
1.Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
O GPS ( Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calqueira lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso, centímetros.
A tecnoloxía GPS está basada na utilización de 24 satélites cuias órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir os sinais dos satélites.Unha vez que o receptor ten o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideres máis adecuada según os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independientes, sendo algúns dos modelos máis extendidos Navman e TomTom Navigator.
2.Google Glass. Busca unha imaxe na rede.
Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenvoltas por Google, que funcionan como asistente virtual empregando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxen móstrase nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altavoz. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicación de Internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, grabar vídeos, navegar por Internet e empregar a maioría de aplicacións de Google.
3.Smart Watch. Busca unha imaxe na rede.
Un reloxo intelixente (SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Emprega a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móvil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
Estos dispositivos poden incluir características como un acelerómetro, altímetro,barómetrorúxula, cronógrafo, equipo de buceo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altavoz, axenda, etc.
Por outro lado, estos reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicación, que soen estar relacionadas coa saúde e o deporte, a productividade, os contenidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.



Ningún comentario:
Publicar un comentario