Neste blog falaremos dos distintos gustos musicais e demais estilos, xa que a música é algo fundamental , que nos fai sentir, e resulta algo fundamental hoxe en día. A min , en particular, gústame o pop e pode que algo de electrónica, aínda que en ocasións faise pesada.
Entre os meus grupos favoritos atopamos a Izal, Lori Meyers, A orella de Van Gogh...Pero sen dúbida Vetusta Morla é un grupo pola cal me identifico moito coas letras das súas cancións. Fai pouco publicou o seu terceiro álbum La Deriva , cheo de asombrosas cancións, entre as cales destacaría " La mosca en tu pared ".
Os compoñentes deste grupo Pucho, David García, Álvaro B., Jorge Gónzalez , Guillermo Galván , Juan Manuel ...colaboran tamén noutros proxectos, como noutras bandas de Hip-Hop.
A música desta banda de " Indie Rock" é cada vez máis acollida polo público.
de feito, xa fixeron bastantes xiras por toda España e outros países. Por sorte, teño a oportunidade de asistir ao seu próximo concerto o dous de Outubro de 2015 en Santiago de Compostela.
Déixovos unha pequena dosis deste grupo:
" Alto": https://www.youtube.com/watch?v=En_zjssCZGA
