xoves, 3 de marzo de 2016
luns, 29 de febreiro de 2016
xoves, 25 de febreiro de 2016
xoves, 18 de febreiro de 2016
xoves, 11 de febreiro de 2016
xoves, 28 de xaneiro de 2016
xoves, 21 de xaneiro de 2016
Máquinas Virtuais
Presentación en Open Office Impress
- Actividade 3 páxina 82. Máquinas virtuais Virtual Box e VMWare. Hai que buscar información na rede, en calquera páxina agás en Wikipedia.
- Seguindo as indicacións das páxinas 229-245, fai unha presentación en Open Office Impress de 10 diapositivas, 5 para cada máquina virtual. Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
- A presentación debe incluir:
- 10 transicións distintas entre as 11 diapositivas.
- Un tema musical de música galega non tradicional. Debe soar durante toda a presentación. Podes buscar música na seguinte ligazón e descargala a mp3 de Youtube dende aquí.
- Unha UNICA ligazón a algún sitio web onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente).
- Un UNICO vídeo onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente). Duración aprox. 2 minutos. Para descargalo de Youtube con Mozilla podes empregar DownloadHelper dispoñible aquí.
- En cada diapositiva debe haber texto e algunha imaxe (excepto na diapositiva na que hai vídeo, nese caso non debe ir imaxe).
- En cada diapositiva debe haber unha UNICA animación no texto ou na imaxe. Todas as animacións deben ser distintas.
- O formato de texto,tamaño de letra e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto.
- Crea un cartafol en Google Sites co nome "Máquinas virtuais" para subir a presentación, o vídeo e a música. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
- Crea unha entrada no teu blog co título "Máquinas virtuais" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar a presentación, o vídeo e a música.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























